domingo 25 de noviembre de 2007

O Río Cádavo no concello de Fene

En Perlío (Fene) temos o río Cádavo, que despois de pasar polo Ameneiral e atravesar a estrada que vai a Ares e Mugardos, viña a saír á ría pola xunqueira, o carón de onde hoxe está construída a urbanización pioneira de Astano coñecida como San Valentín e toda a zona que hoxe está utilizada por Astano, que antes era reibeira e hoxe é un recheo urbanizado con talleres.
Claro está que cando san Valentín era unha xunqueira ou mellor o campo de futbol, ainda non estaba a ponte das Pias nin a estrada que vaixa ata ela que tamén da acceso a San Valentín.

A finais da década dos 60 e principios dos 70, cando se fai a ponte das Pías, este río se desvía por dentro de Astano e se canaliza, saíndo xunto ó lugar onde está o muelle de Perlío. Quedando polo tanto oculto no último tramo do mesmo.




Plantan 70 alisos na contorna do río Cádavo para rexeneralo


Non sei se convén aclarar, que o aliso é o noso ameneiro que daba nome a esta zona de perlío por onde circula chamada o Ameneiral.

domingo 17 de junio de 2007

O Río Xuvia entre Xuvia(Neda) e Santa Rita(Narón)

Xuvia


Ven sendo o río mais importante xa que é o que conforma a ría de Ferrol, en xeral parece un río tranquilo que bordea sobre todo o monte de Ancos, pero está suavizado por varias presas importantes, que son aproveitadas desde hai tempo para proporcionar enerxía en distintas formas.

A presa de xuvia, situada casi na ponte de xuvia por onde pasa a estrada de Castela, que hasta hai 40 anos era a única saída de Ferrol á meseta. Neste punto está a entrada da fábrica de xuvia, hoxe unha fábrica textil, pero ten sido de armas, de moneda, de elaboración de cobre, salazóns, .. etc.




Subindo polo río arriba atoparemos, a coñecida presa do Rei, feita para proporcionarlle enerxía á fábrica de xuvia; a presa de Fabián, onde se fixo hai anos unha piscifactoría para criar troitas; o muiño de Gradaille na presa do mesmo nome visitada como praia fluvial e zona de lecer e poderíamos seguir enumerando mais muiños e sitios onde disfrutar en plenitude da natureza. Pódense disfrutar paraxes que ainda non están moi maltratadas polo home case que conservadas de seu.

A seguintePonte estreada hai pouco, que atendendo a como se mire, ven a disfrazar a imaxe que lembramos desa punta do malecón, pero tamén o paseo marítimo e o maquillado de toda a beira .... en fin .... novos tempos.




miércoles 13 de junio de 2007

Neda e o Belelle


Comezamos có Belelle un recorrido polos ríos que verten augas na ría de Ferrol.


Este é un dos ríos que verten as súas augas na ría de Ferrol, coñecido por Belelle, que camiña polo monte Marraxón e ofrece preciosas paraxes naturais, e se non únicas si bastante singulares, sendo a da fervenza o mellor,  a mais rechamante pero as pozas que vai deixando antes ó seu paso, afondadas cós anos e forza da auga, tampouco o desmerecen nadiña. Para os amantes da natureza debería ser algo imprescindible a visita e percorrido do mesmo.

Unha descripción mais abondosa, pódese atopar en:

Club de montaña Ferrol





Preciosas vistas da Fervenza do Belelle

Verte as augas na ría, regando a antiga e fermosa real vila de Neda



Por detrás do río, pódese ver a nova ponte da autovía de acceso a Narón e Ferrol e detrás désta, está a mais vella ponte da vía do tren

lunes 11 de junio de 2007

Bastida non te esqueceremos.....


Lembrando noticias pasadas, que se actualizan cós últimos acontecementos

----------------------------------------------------------------------------------------------------

La CIG demanda la ejecución de la sentencia por un delito de agresión sexual contra el patrón mayor de Ferrol

FERROL, 11 (EUROPA PRESS)

La Secretaría de la Mujer de la CIG demandó hoy que se ejecute la sentencia de dos años de prisión e inhabilitación absoluta para sufragio pasivo contra el patrón mayor de la Cofradía de Pescadores y Mariscadores de Ferrol, Bernardo Bastida, por un delito de agresión sexual contra una empleada de esta agrupación cometido en el año 1999.

O artígo completo pode verse en :

http://www.lukor.com/not-soc/cuestiones/0410/11184141.htm

---------------------------------------------------------------------------------

Outras referncias :

Una ferrolana tendrá que trabajar a las órdenes de su agresor sexual

Reclaman ayuda para la empleada del pósito de Ferrol que sufrió abuso sexual

Dos años de prisión para el patrón mayor de Ferrol por abusar de su ex-secretaria


E moitas mais que se poden atopar buscando un pouco,

contra a perda de memoria ...... GOOGLE axuda.
---------------------------------------------------------------------------------

Esta e moitas outras noticias poden axudar a entender a calaña do que hoxe algúns (afortunadamente cada vez menos) piden a sua libertade.


O tempo pon a cada un no seu sitio
...


sábado 9 de junio de 2007

EU NON QUERO SER BASTIDA

Segundo os periódicos, onte comezou unha marcha que debe rematar no cárcere de Teixeiro.

Parece ser que parte do comité de emerxencia par salvar a ría de Ferrol, e algúns mariscadores da confradía, queren pedir a liberdade para o Patrón Maior da confraría de Ferrol.

Este P.M. está no cárcere pola imputación do mesmo en varios delitos relacionados coa entrada do segundo do gaseiros que traían gas para a planta de Reganosa.

Eu supoño que convén distinguir sempre porque se fan as cousas porque o fundamentalismo e malo sempre.

Como todo o mundo quere ser Bastida, eu penso que convén definirse precisamente para que non nos confundan e desde aquí o que defendemos é:

EU NON QUERO SER BASTIDA.

Desde hai algún tempo este B. Bastida convértese en tristemente famosillo nestes lares relacionados coa confradía de Ferrol. Pero o mellor o mais salientable e que convén que ninguén esqueza, é a condena a 2 anos de cárcere por agresión sexual a unha empregada do pósito. Sen pretender dar leccións de leis, e coma si estivera en liberdade condicional, porque segundo parece desde setembro de 2006, debido a que non foi ó cárcere por esa cuestión, ten que estar 5 anos sen delinquir ou si non terá que cumprila,

Parécenos unha montaxe para presionar á xustiza e que este individuo teña un trato de favor novamente.

NINGUÉN POR RIBA DA LEI, ..... NINGUÉNNNN

NON Á PETICIÓN DE LIBERTADE PARA BASTIDA